Sumámonos á celebración do Día Mundial da Poesía, unha xornada que pon no centro o poder da palabra e da lingua como vehículos de beleza, identidade e creación. A poesía é luz que alumea por dentro. É voz para quen cala. É memoria, corpo e esperanza.
A poesía non é só escrita: é resistencia, é emoción, é unha maneira de estar no mundo. Desde Galaxia, celebrámola con forza e orgullo, acompañando a quen escribe, le, sente, e transforma a realidade a través da palabra poética.
Por iso, neste día tan especial, recomendámos mergullarvos en catro títulos recentes da colección Dombate, que falan de dor, de beleza, de loita e de perda. Libros que abren fendas na pel para deixar entrar a verdade:
O TENRO É O SALVAXE, de Samuel L. París. Un poemario cheo de ironía e sensibilidade, que nos leva da superficie ao núcleo do que somos.
AS FLORES DO BALEIRO, de Medos Romero. Versos que xorden da dor compartida da pandemia e do baleiro colectivo, nunha traxedia conxunta.
CUSPINDO MISERIAS, de Neves Rodríguez. Un berro necesario. A poesía que saca fóra o que doe, para deixalo cicatrizar.
DESAPARECER, de Pilar García Rego. Un libro íntimo e honesto sobre o proceso persoal de perda e tamén de renacemento.
E como parte desta celebración, hoxe venres 21 de marzo, ás 11:30 h, celebramos un encontro con Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Poesía, no restaurante de El Corte Inglés de Vigo, arredor do seu libro Bicos e non balas. Unha obra onde a poesía érguese contra a violencia, onde cada verso é un xesto de esperanza, unha man aberta, un aloumiño no medio da escuridade. Porque hai palabras que se empeñan en construír pontes alí onde outros levantan muros.
Un acto para lembrar que a poesía tamén pode ser un compromiso coa paz.
Porque mentres haxa poesía, hai futuro.