‘O tenro é o salvaxe’, a poesía que desafía normas e formatos

Categoría: Nova

O 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, pon en valor a forza da palabra. Enlanzando esta efeméride coas nosas novidades, presentamos a nova incorporación á colección Dombate: O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París.

Que queda e que se perde nas nosas vidas? Como se configuran as fronteiras entre o persoal e o social? Con lirismo, ironía e humor, París invita a abrir eses interrogantes a través dunha escrita que se move entre o lirismo, a ironía e o humor, entre a intimidade e a escena.

Autor de obras como Manual da destrución (2008), Inflamable (2012), Internacional de poesía anarquista (2020) e O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo (2024), Samuel L. París constúe unha poética que desafía normas e formatos. A súa voz, de forte carga oral, nutríndose de proxectos musicais e performativos que expanden os límites do xénero.

Entre versos e miradas novas, celebremos a poesía como espazo de encontro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email