Presentación de “A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024”, en Santiago de Compostela

Categoría: Nova

O xoves 27 de febreiro, celebrarase, ás 11:30, no MUPEGA, en Santiago de Compostela, a presentación de A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024, coordinado por Miguel Anxo Santos Rego.

No acto, acompañando o coordinador, estarán Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.

Analizar cada dez anos o estado da educación en Galicia, ademais dun balance, é unha oportunidade para coñecer mellor como inflúen as ideas e os proxectos na formación do profesorado e, en consecuencia, na cidadanía do futuro. Este volume ofrece unha visión actualizada e crítica sobre un ámbito fundamental para o progreso social.

Porque sen avaliación non hai progreso, este libro é unha lectura imprescindible para quen queira comprender e avanzar na senda da educación.

O evento estará aberto ao público interesado en coñecer máis sobre a evolución e as tendencias da investigación educativa en Galicia nos últimos dez anos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email