A forza da nosa lingua

Categoría: Nova

Hoxe, venres 21 de febreiro, celebramos o Día da Lingua Materna, unha data para reivindicar o noso idioma e reafirmar o compromiso de Editorial Galaxia coa defensa do galego dende 1950. A lingua é identidade, historia e futuro, e por iso seguimos dando voz a autoras e autores que nos axudan a comprender quen somos.

Nesta efeméride, recomendamos a lectura de “Galaicofobia”, de Alexandre Peres Vigo, un ensaio imprescindible para entender o desprezo cara a Galicia, a súa cultura e a súa lingua ao longo da historia.

Hoxe brindamos polo galego, polo seu futuro e pola nosa maneira de ver o mundo. Feliz Día da Lingua Materna!

Comparte nas túas redes sociais ou por email