Xa está en todas as librarías o novo libro de Arantza Portabales: “Asasinato na casa rosa”

Categoría: Nova

A partir de hoxe, podedes gozar de Asasinato na casa rosa, a nova obra de Arantza Portabales, dispoñible en todas as librarías. Esta novela, a sétima publicación da autora con Editorial Galaxia, chega cargada de intriga, emocións e unha narrativa que só Portabales sabe tecer.

Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo.

Hoxe, celebraremos a presentación oficial, ás 19 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela. Portabales, estará acompañada por Tito Asorey, actor, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

O venres 24, ás 19 h, presentarémola na libraría Berbiriana da Coruña.

O martes 28, ás 19 h, entrevista e presentación con Susana Pedreira, na libraría Cronopios de Pontevedra.

O libro está dispoñible tamén en versión ebook!

Preparádevos para mergullarvos nunha historia trepidante.

Comparte nas túas redes sociais ou por email