A partir de hoxe, podedes gozar dun adianto exclusivo de Asasinato na casa rosa, a nova obra de Arantza Portabales, dispoñible na nosa páxina web. Esta novela, a sétima publicación da autora con Editorial Galaxia, chega cargada de intriga, emocións e unha narrativa que só Portabales sabe tecer.
Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo.
Lembrade que o vindeiro 23 de xaneiro teremos o libro en todas as librarías! Marcade a data nos vosos calendarios e preparádevos para mergullarvos nunha historia intrepidante.
Ese mesmo día, celebraremos a presentación oficial, ás 19 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela.
O venres 24, ás 19 h, presentarémola na libraría Berbiriana da Coruña.
O martes 28, ás 19 h, entrevista e presentación con Susana Pedreira, na libraría Cronopios de Pontevedra.
Non agardedes máis! Descubride xa o primeiro capítulo e deixádevos levar polo misterio e os segredos que envolven a familia Villamor.
Lede o adianto premendo aquí.
Estade atentas e atentos ás novas datas, moi axiña, nas nosas redes e páxina web!