Editorial Galaxia no ano de Luísa Villalta

Editorial Galaxia pecha o ano de Luísa Villalta con dúas publicacións que xa están no prelo: Narrativa inédita, en edición de Daniel Chapela, e Poesía inédita e dispersa, en edición de Pilar Pallarés e Miguel Mato. A proposta editorial para as Letras Galegas 2024 constou de libros como o volume Narrativa reunida, que recolle a obra […]

Un berro que dá voz ás dores mudas

Canto pode aguantar un corpo? Cada verso de Cuspindo miserias, de Neves Rodríguez, é un berro que dá voz ás dores mudas. Este poemario, publicado na colección Dombate de Editorial Galaxia, anda un carreiro escuro, visceral, sucio. Un percorrido para ceibarmos do que nos abafa, pero que deglutimos por medo. Ou por vergoña. Poemas descarnados […]

Galaxia publica as receitas do programa da G: “A voltas co prato”

As receitas de A voltas co prato foi xurdindo arredor dunha gran cociña, probando e experimentando novas receitas. Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual que, algo espeluxados, traballan como verdadeiros exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo. Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da súa […]

Editorial Galaxia pon á venda a súa axenda en 2025

Editorial Galaxia homenaxea o seu 75 aniversario poñendo á venda a súa axenda, que celebra o nacemento da editorial, en 1950, con efemérides culturais, destacando as relacionadas co proxecto editorial, que pon en valor a súa traxectoria. O 25 de xullo de 1950 celebrouse no hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia, […]

“Desaparecer”, o novo poemario de Pilar García Rego

Pilar García Rego publica, na colección Dombate de Editorial Galaxia, Desaparecer, o seu novo poemario. A poeta, que en 2020 publicou Humanario, un travelling polo máis evolucionado dos animais, un chegar ata o fondo da lama, ata non recoñecernos; aborda nesta publicación, escrita durante un proceso difícil, sentimentos como a derriba, pero tamén a contenda, a muda imprecisa […]

Unha aventura no tempo e nos espazos futuros

Publicada na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, Púrpura tero supón o debut literario de David Cortizo Conde.   Nesta obra, ateigada de fantasía e aventura, acompañamos á súa protagonista Ausela. Esta rapaza pérdese na gran chaira deserta que cobre case totalmente Púrpura Tero, e busca acubillo nunha cova. Alí agarda a que a súa cuadrilla a […]