“De óxido e diamantes”, a nova novela de Miriam Couceiro Castro

Miriam Couceiro Castro, que xa publicou na colección Feminismos de Editorial Galaxia A Galiza feminista, estréase na novela con De óxido e diamantes, pertencente á colección Literaria Ronsel. Esta historia marcada por unha relación sentimental tóxica, amosa como as pantasmas e as tormentas nos espertan igual que unha chamada de madrugada. Se preguntades a calquera muller […]

Tamara Andrés , directora de Dombate

A partir de 2025, ano do 75 aniversario de Editorial Galaxia, a colección estará ao seu coidado. O nomeamento dará  un novo pulo á  colección de poesía que inaugurou Xohana Torres en 1980 con Estacións ao mar. Unha colección de referencia na poesía galega dende hai máis de 40 anos e onde publicaron Alba Cid, […]

Convócase o VIII Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro, a Editorial Galaxia e o Concello do Porriño convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do […]

Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas 2024

Manuel Rivas é galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024. O xurado destacou ao autor pola “extraordinaria calidade narrativa que conxuga forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama […]

Presentación de “Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground”, en Vigo

O mércores 30 de outubro, celebrarase, ás 20 h, na Sala Kominsky de Vigo, a presentación de Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground, de Fernando Fernández Rego. Acompañando o autor, estarán  Teo Cardalda (Golpes Bajos), Javier Moreda (Tintimán), e María Pereira, directora de Merlín Comunicación. Haberá pinchos. É necesario confirmar asistencia en: comunicacion@editorialgalaxia.gal Anos 80. Movida, […]

Rolda de prensa de presentación dos 1º Foros Grial

O martes 29 de outubro celebrarase, ás 12:30 h, na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, a presentación dos 1º Foros Grial. No evento participarán as coordinadoras Marilar Aleixandre e Llerena Perozo Porteiro; Henrique Monteagudo, coordinador dos Foros e director da revista Grial, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia. FOROS […]

Ana Varela presenta “Runrún”, en Ferrol

O sábado 26 de outubro, celebrarase, ás 12 h, na Central librera de Ferrol, a presentación de Runrún, de Ana Varela. Acompañando a autora, estarán Mario Regueira, crítico literario; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Esta obra ambientada en Ferrol, que amosa como pode virar nun momento, supón o debut da autora na […]