Antón Riveiro Coello gaña o Premio San Clemente por “Hotel Carioca”

O xurado do premio San Clemente, formado por alumnado de Bacharelato, reuniuse este mércores no IES Rosalía de Santiago, facendo a obra de Antón Riveiro Coello, Hotel Carioca, gañadora na categoría galega. Consideraron a publicación do autor de Xinzo de Limia, unha «obra redonda, moi ben construída e escrita que merece a pena ler». O xurado […]
Presentación de “Contos gringos”, en Vigo

O mércores 23 de outubro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Contos gringos, de Lara Dopazo Ruibal. Acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Despois de gañar o Premio Illa Nova de Narrativa 2020 por O axolote e outros contos de bestas e auga, a autora […]
O libro da Movida, nostalxia e o cambio radical dunha sociedade

Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground, do investigador Fernando Fernández Rego, é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes en Galicia. O autor de Unha historia da música en Galicia (libro que reeditaremos proximamente pola gran acollida que tivo); ademais poñer a música como o […]
No centenario de Xohán Vicente Viqueira

O 29 de agosto cumpríronse cen anos da morte, aínda ben novo, de Xohán Vicente Viqueira (Madrid, 1886-Bergondo, 1924), relevante intelectual galeguista do pasado século. Nado no seo dunha familia galega de orixes betanceiras, culta e liberal, formouse en Madrid na Institución Libre de Enseñanza, da man de Francisco Giner de los Ríos, e en […]
Presentación de “Sucos”, en Santiago de Compostela

O xoves 17 de outubro, celebrarase, ás 12 h, no Salón de Actos da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, a presentación do II Premio de Literatura Infantil “Simbad para o Recordo e o Alzhéimer”, Sucos, de Ignacio Vidal Portabales, ilustrado por Sandra Lodi. Usuarias e usuarios de Agadea subirán ao escenario para ler […]
Conversa “É escribir poesía traballar?. A profesionalización nos oficios artísticos”, en Vigo

O mércores 16 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, a presentación de Economía e poesía: Rimas internas, Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2023, de Yolanda Castaño, organizada polo Club Faro. Acompañando a autora, estarán Oriana Méndez, filóloga e poeta; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. A autora amosa nesta […]
Celebramos o Día das Escritoras

Hoxe celebramos o Día das Escritoras, unha conmemoración internacional que busca recuperar o legado das autoras e facer visible o seu traballo. Unha celebración que loita por visibilizar o papel das autoras no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica. Moitas autoras soñan e difunden a través das páxinas dos seus libros, unha sorte […]
María Pereira Otero asume a dirección de Merlín Comunicación de Editorial Galaxia

Graduada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Master in Bussiness Administration pola Escola de Negocios de Caixavigo, coa especialidade en dirección comercial e márketing, Master en Xestión Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. A súa traxectoria profesional de máis de 30 anos está vencellada á xestión cultural. A organización de ciclos […]