“As flores do baleiro”, o novo poemario de Medos Romero

Categoría: Nova

Publicado na colección Dombate, As flores do baleiro, é o debut de Medos Romero na Editorial Galaxia.

Este poemario é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre da pandemia, a dor en extrema soidade.

Tamén é a fraxilidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde “somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan”.

Xa dispoñible en todas as librarías de Galicia.

Medos Romero (As Pontes, 1959). Diplomada en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela, como poeta publicou, entre outros, os títulos: O pozo da ferida (2006, Premio de Poesía Miguel González Garcés), A ansia do lóstrego (2012), Hortensia (2020), Peixes que esvaraban ao unísono (2020, Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas) e O sol era Ela (2021, Premio de Poesía Afundación e Premio Nacional da Crítica).

Comparte nas túas redes sociais ou por email