Galaxia recibe a visita da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Categoría: Nova

Esta semana recibimos nas instalacións de Editorial Galaxia a visita do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez.

Mantiveron un encontro co equipo directivo da editorial, no que participaron Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, Xosé Manuel Soutullo, director xeral, Manuel Puga Pereira, vicepresidente primeiro, Manuel Meixide Vecino, vicepresidente segundo, Xavier Martínez Cobas, conselleiro delegado, Xesús Domínguez Dono, director de Produción e María Pereira Otero, directora de Merlín Comunicación. Compartiron un encontro protagonizado polos intereses culturais e editoriais, no que se puxo en valor o 75 aniversario da editorial. 

Galaxia

A editorial Galaxia foi fundada o 25 de xullo do ano 1950 en Santiago de Compostela. Ao longo dos seus 74 anos de historia, a firma editou máis de 3.000 títulos e consolidouse como a gran referencia da edición de obras en lingua galega. Ademais, ao abeiro da Editorial Galaxia constituíronse as fundacións Penzol, Otero Pedrayo e Isla Couto. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email