Presentación de “As receitas de A voltas co prato”, en Bueu

Categoría: Nova

O luns 16 de decembro, celebrarase, ás 19 h, Biblioteca Municipal Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, a presentación de As receitas de a voltas co prato.

No acto, participará a cociñeira do programa Merchi Rodal, e María Pereira Otero, directora de Merlín Comunicación.

Colabora a libraría Miranda.

As receitas de A voltas co prato foi xurdindo arredor dunha gran cociña, probando e experimentando novas receitas.

Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual que, algo espeluxados, traballan como verdadeiros exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.

Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da súa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A voltas co prato.

Contén un QR con acceso ao programa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email