Desde Editorial Galaxia queremos desexarvos o mellor para este 2025, un ano moi especial en que conmemoramos o noso 75 aniversario con espectáculos, actividades e moitas sorpresas. Que este novo ano veña cargado de saúde, ilusión e boas lecturas.
O tarxetón rende homenanxe ás protagonistas no Día das Letras Galegas deste ano, as Cantareiras. Quixemos basearnos na tradición, poñendo en valor o primeiro libro de cantigas publicado, Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas. Unha selección de case noventa cantigas populares que nos agasallou o autor en 1951. Unha publicación que reeditamos en 2020, na Biblioteca Nós.
Cabanillas realizou esta proposta atendendo á beleza do pensamento que a copla desenvolve, á novidade das palabras e á enxebreza dos xiros e modismos, que “recolle con querenza de bo amor e xeito garimoso de horteiro, as herbiñas e rosas recendentes dos cantares”.
Os nosos mellores desexos para este novo capítulo.
Felices festas!