En Editorial Galaxia, podes atopar novidades literarias ideais para sorprender aos teus seres queridos nestas festas.
Mostra disto son catro catro obras únicas que combinan aventura, emoción e reflexión, perfectas para pequenos e maiores:
“O pequeno libro da intrépida Éire”, de Juáncho. Publicada na colección Xohán Ledo. Unha historia máxica, ateigada de fermosas ilustracións, onde Éire, unha nena valente, e un libro rebelde nos guían por unha viaxe chea de misterios e descubrimentos. Un agasallo perfecto para cativos con ganas de aventuras!
“Vilapaspán”, de Rodrigo Cota e Fernando Tomé. Unha proposta que nos convida a reflexionar sobre unha extraña sociedade, a través dunha mestura de fantasía e realidade. Publicada na colección Banda Deseñada, é ideal para quen busca unha lectura diferente, cunhas ilustracións magníficas, e unha imaxinación desbordante.
Publicada na mesma colección, “Sentinelas da Lúa Carmesí”, de Ozo Perozo, Andrés Castro e Alexandre Senande, é unha banda deseñada que foi a encargada de inaugurar a colección, enfocada ao público infantil e xuvenil, mergúllanos nunha aventura chea de maxia e misterio.
“A brigada iridiscente”, de Elena Andrés, ofrece unha historia vibrante e chea de cor para os máis novos. Estas páxinas están ateigadas de humor e compañeirismo.
Este Nadal, escolle libros en galego e comparte a maxia da lectura cos teus. Atopade estas obras vosas librarías de confianza e facede dos libros o mellor agasallo!
Agasalla historias, agasalla emocións.