Juan de la Cruz Castaño Vicente, juáncho
(O Porriño, 1977) ten publicadas dúas obras, Na procura do medo esquecido (Editorial Galaxia, 2021) e Lola busca su color (2022).
Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas (Universidade de Vigo, 2004), a banda deseñada levouno a dirixir o fanzine Comikaze (1996-2005). En 2008 constrúe o seu estudio de comunicación gráfica juáncho DEBUXA & DESEÑA.
Na actualidade é director de Acienciacerta, unha mostra de ciencias na rúa, que coorganiza co Concello do Porriño, onde ciencia, banda deseñada e cultura van da man.