Editorial Galaxia, premio Trasalba 2025

Categoría: Nova

A comisión de goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou, por unanimidade, outorgar o Premio Trasalba 2025 á Editorial Galaxia, que este ano celebrará o 75 aniversario da súa fundación. O galardón recoñoce todo o que ten significado na promoción da cultura e da lingua galega, así como o papel que desenvolveu no renacer cultural e lingüístico de Galicia desde a súa creación en tempos difíciles ata o momento actual, así como o esforzo e entrega ao longo destes anos por difundir, publicar e dar a coñecer a obra e a persoa do insigne ourensán.

A fundación destacou o “papel que desenvolveu no renacer cultural e lingüístico de Galicia desde a súa creación en tempos difíciles ata o momento actual”. Recoñece que “na Editorial Galaxia todo o que ela ten significado na promoción da cultura e da lingua galegas e o papel que desenvolveu no renacer cultural e lingüístico de Galicia desde a súa creación en tempos difíciles ata o momento actual”. Tamén se lembrou, á hora de tomar a decisión, que o patriarca das letras galegas tivo unha estreita relación co proxecto, xa que el foi o primeiro presidente da mesma. “Cargo no que permaneceu desde 1950, ano da súa fundación, ata o seu pasamento en 1976”, aseveraron.

A entrega do premio terá lugar na festa literaria que se celebrará en Trasalba, na Casa Grande de Cima de Vila, o último domingo de xuño de 2025. O xantar celébrase á sombra dos castiñeiros do souto que no seu día pertenceu á familia de Otero.

Comparte nas túas redes sociais ou por email