“Sentinelas no limiar das tebras”: unha aventura para os amantes da fantasía

Lara, Sabela e Xurxo descobren que foi Cinza, o boticario, quen secuestrou o seu amigo Lois. Pero non sospeitan que, se non actúan axiña, Lois formará parte do menú que precisa a moura Xerpa para recuperar o seu poder, minguado durante un letargo secular. E non só Lois: todas as nenas e nenos de Claramonte […]
Presentación de “O tenro é o salvaxe”, na Coruña

O sábado 12 de abril, celebrarase, ás 12:30 h, na libraría Moito Conto da Coruña, a presentación de O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París. Acompañando o autor, estará Tamara Andrés, directora da colección Dombate de Editorial Galaxia. Que queda e que se perde nas nosas vidas? Como se configuran as fronteiras entre o […]
Unha nova Biblioteca para celebrar 75 anos de compromiso coa cultura

Galaxia presentou a Biblioteca 75 aniversario, o xoves 10 de abril, ás 20 h, na sede do RC Celta, en Vigo O xoves 10 de abril, ás 20 horas, no Salón Rexio da sede do RC Celta en Vigo, celebrouse a presentación da Biblioteca 75 aniversario de Editorial Galaxia. No acto, interviron Dolores Vilavedra e […]
Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Lugo

O mércores 9 de abril, ás 12:00 h, celebrouse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, en Lugo, a inauguración da exposición CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO DE EDITORIAL GALAXIA, un proxecto que percorre a historia viva da literatura galega e abre unha fiestra esperanzada cara ao futuro da nosa cultura. Esta mostra, comisariada […]
Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega

A Real Academia Galega inicia unha nova etapa da man de Henrique Monteagudo (Muros, 1959), quen vén de ser elixido presidente pola unanimidade do seu pleno. O catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e recoñecido estudoso da historia social da lingua galega, asume así a responsabilidade de guiar a institución nun […]
Presentación da novela gráfica “Rosalía oculta”, na Coruña

O sábado 5 de abril, celebrarase, ás 19 h, na libraría Galgo Azul da Coruña, a presentación de Rosalía oculta, Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, de Paula Mayor. Acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Editorial Galaxia publica Rosalía oculta, a novela gráfica de Paula Mayor, gañadora do Premio Castelao de Banda […]
7 libros de Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas do Libro Galego

7 libros de Editorial Galaxia son finalistas na décima edición dos prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025. Entre as obras seleccionadas de Galaxia, destacan: Premio á Obra de Ensaio e Investigación: Os inmigrantes imaxinados. A identidade galega na Arxentina (1780-1960), de Xosé M. Núñez Seixas. Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega […]
Gabriel Romero de Ávila Cabezón gaña o I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil con “Odio”

No Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, reuniuse o xurado do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, constituído por Juan Andrés Fernández Castro, en calidade de presidente, Rosalía Morlán, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, como vogais, e Marta Neira actuando como secretaria. Logo da pertinente deliberación, o xurado decidiu outorgar por […]