Onde florecen os libros: Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago 2025

Do 3 ao 11 de maio, o Paseo Central da Alameda converterase, un ano máis, no corazón lector de Compostela. A Feira do Libro de Santiago é moito máis ca un encontro arredor dos libros: é un espazo onde medran as historias e florece a palabra. Desde Editorial Galaxia queremos convidarvos a unha programación que […]
Unha ollada ás raíces do conflito entre Israel e Palestina

Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, de Ilan Pappé, xa dispoñible en Galaxia. O historiador Ilan Pappé ofrece na Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, traducida por Carlos Aymerich, unha análise clara e rigorosa das raíces coloniais dun dos conflitos máis longos e dolorosos do noso tempo. O autor desmonta os mitos […]
Editorial Galaxia, recoñecida nos Premios Follas Novas 2025 con dous galardóns para “Papóns” e “Ubasute”

É unha grande ledicia para Editorial Galaxia anunciar que fomos recoñecidos con dous premios nos prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025, un evento de referencia na nosa literatura. “Papóns”, de Sandra Lodi, foi premiado na categoría de Libro Ilustrado. Esta obra, que xa foi merecente do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2024, […]
Galaxia achega novas voces e historias á Feira do Libro de Ferrol

Editorial Galaxia estará presente na Feira do Libro de Ferrol con dous actos destacados que celebran novas voces da nosa literatura. O venres 25 de abril, ás 19:30 h, celebrarase, unha sinatura con Ana Varela arredor de Runrún, na caseta da libraría Central Librera. O domingo 27 de abril, ás 12 h, na caseta da libraría […]
Nerea Pallares Vilar, gañadora do Premio García Barros 2025

O xurado escolle por unanimidade a obra presentada baixo o lema “Das arañas brancas”, ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Con grandes doses de entusiasmo e profundo convencemento de estaren ante unha proposta literaria “refrescante, poderosa, pousada e brillante”, os integrantes do xurado encargado de fallar o XXXVII Premio de Novela Manuel García Barros […]
Fernando Castro Paredes gaña o Premio Galaxia de Novela 75 Anos con “O lanzador de coitelos”

A obra, un thriller literario de gran calidade, explora a identidade e a memoria nunha sociedade opresiva. No Día do Libro, mércores 23 de abril, celebrouse, ás 11 h, na sede de Editorial Galaxia, unha rolda de prensa na que se deu a coñecer o fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Anos, o galardón […]
Fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Anos, en Vigo

O mércores 23 de abril, celebrarase, ás 11 h, na sede de Editorial Galaxia (Avenida de Madrid, 44), o fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Aniversario, o galardón literario de maior dotación económica en Galicia. Na rolda, participarán Dolores Vilavedra, presidenta do xurado, Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia e Marcos Calveiro, director […]
O primeiro libro de Galaxia foi un canto á tradición oral galega

Tal día coma hoxe, un 16 de abril de 1951, publicábase Antífona da cantiga, o primeiro libro de Editorial Galaxia. En 1951, Ramón Cabanillas inauguraba o catálogo de Editorial Galaxia cunha obra fundamental: Antífona da cantiga, unha escolma de cantigas populares galegas que se editaría posteriormente co título Cancioneiro popular galego (1973). Trátase dunha selección […]