Unha cadea de voces: a tradición oral nas Letras Galegas 2025

O cancioneiro popular galego, protagonista nas Letras Galegas 2025. O Día das Letras Galegas 2025 está dedicado ao cancioneiro popular galego e ás mulleres que, a través da oralidade, transmitiron de xeración en xeración cantigas, saberes e cultura. Desde Editorial Galaxia sumámonos a esta celebración cun conxunto de publicacións que poñen en valor ese legado […]
Catro obras do noso catálogo, finalistas nos Premios Plácido Castro de Tradución

A aposta pola tradución como vía de enriquecemento cultural forma parte da identidade de Editorial Galaxia desde a súa orixe. Neste contexto, é unha grande satisfacción anunciar que catro obras publicadas no noso catálogo forman parte da selección finalista dos Premios Plácido Castro de Tradución, entre un total de trece títulos. Estes galardóns, convocados pola […]
Xa nas librarías “Vantaxes e inconvenientes de case todo”, o novo libro de Xosé Cermeño

Editorial Galaxia publica dentro da súa colección Literaria Vantaxes e inconvenientes de case todo, un libro de prosas breves co que Xosé Cermeño convida a mirar o mundo con escepticismo, curiosidade e unha boa dose de humor. Unha obra para quen goza da lectura en pequenas doses, con liberdade para saltar de tema en tema, […]
“As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936” de Carmen V. Valiña: a historia das que nunca importaron

Editorial Galaxia publica As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936, de Carmen V. Valiña, unha obra que rescata do esquecemento as voces silenciadas de mulleres internadas no hospital psiquiátrico de Conxo entre finais do século XIX e o comezo da Guerra Civil. Nun relato documentado e conmovedor, a autora achéganos […]
Galaxia presenta os seus contos en formato audiolibro, na Once

Esta tarde, nun xoves 8 de maio, celebramos, no Auditorio da sede Once, en Vigo, unha rolda de prensa arredor dos audiolibros publicados en Editorial Galaxia. No acto, participaron José Ángel Abraldes Rodeyro, director ONCE Centro de Recursos Educativos, Teresa Santamaría, directora e actriz de dobraxe, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia. José […]
“Un porquiño polo San Martiño”, de Macarena García Vicente e Iria Bermúdez Rozas, gaña a V edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Na Estrada, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reuniuse o xurado para escoller a obra gañadora desta V edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”. O xurado estivo composto por Sandra Lodi, ilustradora e gañadora do premio na edición pasada coa obra Papóns, recoñecida tamén co Premio Follas Novas na […]
Rolda de prensa – Presentación de contos en formato audiolibro, na Once

O xoves 8 de maio, celebrarase, ás 16:30 h, no Auditorio da sede Once, en Vigo, unha rolda de prensa arredor dos audiolibros publicados en Editorial Galaxia. No acto, participarán José Ángel Abraldes Rodeyro, director ONCE Centro de Recursos Educativos, Teresa Santamaría, directora e actriz de dobraxe, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia. […]
Editorial Galaxia leva a súa proposta cultural á Feira do Libro de Bos Aires

Editorial Galaxia participou este mes na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, dentro da programación do stand de Galicia. O martes 29 de abril, ás 17:30 h, celebrouse na Sala Rodolfo Walsh a mesa redonda 75 anos despois. A vixencia de Castelao no s. XXI, coa participación de Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia […]