Acto de celebración do VIII Premio Roberto Vidal Bolaño no Porriño

O mércores 28 de maio, celebrarase, ás 19 h, no salón de actos do IES Ribeira do Louro, no Porriño, a gala de entrega do VIII Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, concedido a Iván Caloto pola obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias. Acompañando o gañador, o acto contará coa participación […]
Galaxia estrea un documental para celebrar os seus 75 anos de historia

Este mes de xuño presentarase o documental Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza audiovisual que percorre a historia da editorial desde a súa fundación en 1950 ata a actualidade. O equipo de Galaxia tivo a oportunidade de visualizar hai uns días, na súa sede, a versión final; dirixido por Ana Viqueira e […]
A lingua galega protagonista na canle europea minet-TV

O pasado mes tivemos a honra de participar nunha reportaxe da canle europea minet-TV, dentro dunha serie dedicada ás linguas minorizadas de Europa. Neste episodio, Galicia e a súa lingua foron as protagonistas, poñendo o foco na súa vitalidade, evolución e presenza na sociedade actual. Editorial Galaxia participou na reportaxe producida pola canle do Südtirol […]
Galaxia na estrea de “Antes de Nós”, a película que nos achega ao Castelao máis íntimo

Este mércores celebrouse na Coruña a estrea de Antes de Nós, a nova longametraxe de Ángeles Huerta que nos propón un retrato íntimo e pouco convencional de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A través da relación persoal entre Castelao e a súa muller, Virxinia Pereira, o filme mergúllanos nunha Galicia anterior á “xeración Nós”, nun tempo […]
Iván Caloto gaña o VII Premio Vidal Bolaño

Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado por Celia Díaz Núñez, escritora e dramaturga; Nadia Geijo Domenech, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do ÍES Ribeiro do Louro; e Raquel Castro, como secretaria do xurado, o mércores 21 de maio de 2025 ás 17:30 […]
A mostra “CREAR PORVIR” chega a Ourense amosando a importante pegada ourensá na historia de Galaxia

Editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega, coa exposición “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia”. Comisariada por Henrique Monteagudo, actual presidente da Real Academia Galega, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, destaca o labor dos autores e autoras desde 1950 ata a actualidade. Con motivo da celebración do 75 […]
Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Ourense

O mércores 21 de maio, celebrarase, ás 12 h, na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, a inauguración da exposición CREAR PORVIR. 75 aniversario Editorial Galaxia (1950-2025). No acto, intervirán Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia; Santiago Camba, vicepresidente de Afundación; César Fernández, vicepresidente segundo […]
“Cantade todas a unha”, o cantigueiro popular galego

Este 17 de maio homenaxeamos ás cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. Custodias da nosa tradición oral, simbolizan o orgullo dun pobo que defende a súa lingua e cultura con compromiso e visión. Honrar o pasado, celebrar o presente e fortalecer o futuro do galego. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, […]