Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo 2025

Categoría: Nova

Do 1 ao 7 de xullo, Vigo convértese no epicentro da literatura galega coa celebración da súa Feira do Libro, un encontro imprescindible para lectoras e lectores de todas as idades. Desde Editorial Galaxia convidámoste a gozar dunha ampla programación de presentacións, sinaturas e encontros arredor das nosas últimas novidades editoriais, con propostas para todos os gustos.

Martes 1 de xullo

20:00 h. Presentación de Fóra de foco, de Cristina Pato.

Na compaña de Francisco Castro, escritor, editor e músico.

Carpa de actividades da Feira.

Mércores 2 de xullo

13:00 h. Sinatura de As receitas de A voltas co prato, con Begoña Vázquez.

Carpa de actividades da Feira.

18:00 h. Sinatura de Historias do páramo, con Pjota

Caseta da libraría Gata Tola.

18:00 h. Sinatura de Historias do PáramoSentinelas da Lúa Carmesí e Sentinelas no limiar das tebras, con Alexandre Senande e Andrés Castro.

Caseta da libraría Gata Tola.

Xoves 3 de xullo

12:00 h. Sinatura de Historias do páramo, con Alexandre Senande e Pj.

Caseta da libraría Gata Tola.

20:00 h. Encontro arredor de Papóns, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, gañador na categoría Mellor Libro Ilustrado, con Sandra Lodi

Dentro do ciclo Conversas Follas Novas, acompañada por Tamara Nova, xornalista de A Movida.

Carpa de actividades da Feira.

Venres 4 de xullo

20:00 h. Presentación de Eva tomando o sol, de Francisco Castro

Na compaña de Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.

Caseta principal da Feira.

Sábado 5 de xullo

12:00 h. Roteiro LiterarioO Vigo de Leo Caldas, percorrido polos lugares polos que transcorren as novelas de Domingo Villar da man de Pedro Feijoo e Guada Guerra. Prazas limitas! (Carpa 2)

12:00 h. Sinatura de A agonía das folerpas, con Óscar Reboiras

Caseta da libraría Pedreira.

18:45 h. Obradoiro con Paula Mayor, autora de Rosalía oculta.

(Carpa 2)

19:00 h. Sinatura de Punto de araña, con Nerea Pallares

Caseta da libraría Cartabón

19:15 h. Contacontos arredor de Croco, con Irene Alonso Gasalla.

Caseta de actividades da Feira.

20:00 h. Sinatura de Rosalía oculta, con Paula Mayor

Caseta da libraría Wells.

Domingo 6 de xullo

12:00 h. Lemos a Domingo Villar: lembramos a Domingo Villar cunha lectura pública dos seus libros.

20:00 h. Conversa arredor de Ensaios sobre o efémero, con Vítor Vaqueiro.

Na compaña de Xabier Paz, escritor.

(Carpa 2).

Agardámoste na Feira do Libro de Vigo. Unha oportunidade para compartir coa nosa comunidade lectora, coñecer novas obras e tecer diálogo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email