Galaxia publica a banda deseñada “Historias do páramo”

Publicada na colección Banda Deseñada, Historias do páramo, é unha historia traballada a dúas mans por Alexandre Senande e Pjota. Nun territorio devastado pola violencia, onde os bandidos e os señores da guerra impoñen a súa lei, Cairo, unha orca vagabunda, busca sobrevivir nun mundo sen piedade. Mais todo muda cando, tras unha escaramuza, atopa […]
Unha historia sobre a amizade e a beleza de ser diferente

Editorial Galaxia publica Croco, un álbum de Irene Alonso Gasalla, ilustrado por Mariña Rey Noya, que pon en valor a amizade e a beleza de ser diferente. O noso protagonista, Croco, naceu sen un só dente! Un feito tan curioso podería parecer un problema… mais non para el e os seus amigos, que descubrirán que ás […]
Coñecer o océano para salvalo

O mar como espello. Ciencia, imaxinación e compromiso nun novo libro de Galaxia: “Un mar de preguntas”, de Javier García Galdo, ilustrado por Roque Araújo. Unha obra que nos convida a mirar de fronte ao océano, con curiosidade e coa conciencia de que o futuro do planeta tamén se decide nas augas que nos rodean. […]
Tres libros de Editorial Galaxia, destacados na prestixiosa lista OEPLI 2024

Tres obras publicadas por Editorial Galaxia foron seleccionadas na lista de Honra da OEPLI 2024, un recoñecemento anual que destaca os libros máis significativos da literatura infantil e xuvenil en España. Esta selección pon en valor a calidade e a diversidade da creación literaria en lingua galega, representada este ano, no noso catálogo, por Ícaras […]
Unha historia crúa, fonda, verdadeira

Lúa ten 16 anos e vive en Barcelona. Desde a morte do seu pai, arrastra unha dor que non sempre se ve, pero que todo o invade. O que para outros é rutina, para ela é resistencia. A súa vida faise eco, espiral, lembranza, ausencia. Neste relato íntimo e poderoso que é Cando marchan as […]
No pasamento de Fernando Venâncio

Desde Editorial Galaxia lamentamos fondamente o falecemento do escritor, tradutor e investigador portugués Fernando Venâncio (Mértola, Alentejo, 1944 – 30 de maio de 2025), unha das figuras máis destacadas da lingüística portuguesa contemporánea e un intelectual comprometido co diálogo entre as culturas galega e portuguesa. Profesor universitario nos Países Baixos, nas universidades de Nimega, Utrech […]
A nova novela de Cristina Pato explora os límites entre arte e vida

Tras dar á luz a súa primeira novela No día do seu enterro (Editorial Galaxia, 2022), a escritora, música e educadora Cristina Pato regresa ás librarías cun novo título que leva por título Fóra de foco. Nesta nova obra, Pato mergúllanos na historia de Marieta Carracedo, unha xornalista de Madrid que se obsesiona co misterio que […]
Acto de entrega do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O venres 30 de maio, ás 12 h, celebrarase, no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de presentación da obra Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, gañadora do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024. No acto participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do […]