Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026

A Real Academia Galega vén de anunciar que o Día das Letras Galegas 2026 estará dedicado a Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), unha autora que fixo do xornalismo e da literatura espazos de reflexión, compromiso e palabra colectiva. A decisión salda unha débeda coa súa figura, símbolo dunha escrita feminista e […]
Inauguramos o documental “Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia”

Onte, no cinema NUMAX de Santiago de Compostela, tivo lugar a estrea do documental Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza producida por Nós Televisión en colaboración con Editorial Galaxia, que percorre máis de sete décadas de historia editorial e cultural galega. Presentaron a peza Ana Viqueira, directora do filme, e Xosé Soutullo, […]
Nerea Pallares recibe o Premio García Barros 2025 por “Punto de araña”

Punto de araña, Premio de Novela García Barros 2025 de Nerea Pallares, chega ás librarías. Unha obra que abraza a forza do mar e das voces esquecidas, e que se ergue como unha homenaxe ás mulleres que, en silencio, sosteñen o mundo. Ari chega a Camariñas chamada por un vento vello, por un mar que […]
Estrea do documental “Crear porvir. 75 anos Editorial Galaxia”

O vindeiro xoves 19 de xuño, ás 20:00 h, o cinema NUMAX de Santiago de Compostela acollerá a estrea do documental Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza audiovisual que percorre a traxectoria da editorial desde a súa fundación en 1950 até a actualidade. O documental, dirixido por Ana Viqueira e Diego Frey […]
Víctor F. Freixanes, distinguido coa Medalla Castelao 2025

O escritor, editor e profesor Víctor F. Freixanes foi recoñecido coa Medalla Castelao 2025, unha das máximas distincións que concede a Xunta de Galicia a persoas e institucións pola súa contribución destacada á cultura e identidade galegas. Nado en Pontevedra en 1951, Freixanes desenvolveu ao longo de décadas unha traxectoria comprometida coa defensa e promoción […]
Castelao sempre vixente

No marco do Ano Castelao 2025, desde Editorial Galaxia reafirmamos o noso compromiso coa difusión e estudo da obra dun dos grandes referentes da nosa historia cultural e política. Castelao continúa a ser unha voz necesaria, un alicerce de pensamento para o presente e o futuro. Compartimor unha imaxe do escaparate libraría Trama de Lugo, […]
Unha novela sobre o amor alén das idades

Francisco Castro publica Eva tomando o sol, unha novela sobre o amor e o desexo na madurez. Editorial Galaxia publica Eva tomando o sol, a nova obra de Francisco Castro, na que o autor reflexiona sobre o amor, o sexo e a literatura desde a perspectiva dunha idade na que moitas veces se dá por […]
Presentación de “Vantaxes e inconvenientes de case todo”, en Vigo

O mércores 11 de xuño, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Vantaxes e inconvenientes de case todo, de Xosé Cermeño. Acompañando o autor, estarán Ánxel Vence, xornalista, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Editorial Galaxia publica dentro da súa colección Literaria Vantaxes e inconvenientes de case todo, […]