A Tertulia Café Voltaire convoca unha xornada de recoñecemento a Basilio Lourenço, que terá lugar o venres 26 de setembro de 2025, ás 13.30 horas, no restaurante Juliana (Terraza do Mercado do Progreso. Ronda de Don Bosco, 41, Vigo).
O encontro quere ser un acto de gratitude e lembranza á traxectoria vital e intelectual dun home comprometido coa cultura, coa docencia e coa reflexión crítica.
Sobre Basilio Lourenço
Basilio García (Vigo, 1942), asinante habitual como Basilio Lourenço Fondevila, foi mestre de Educación primaria e participou, durante os anos setenta, na fundación do colectivo CIES. É autor de títulos fundamentais como O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo ou A submisión das masas. Do poder do progreso ó progreso do poder (Galaxia, 2002), co que gañou o I Premio de Ensaio Ramón Piñeiro no ano 2001. En Editorial Galaxia tamén publicou Ao final do infinito (2008) e Paradigma e tempo na física teórica (2013).
Detalles do xantar-homenaxe
O custo de participación é de 50 euros, que inclúe o xantar e a contribución ao agasallo que se lle entregará ao homenaxeado.
O ingreso debe realizarse antes do luns 22 de setembro de 2025 na conta:
- IBAN: ES66 2080 5025 3730 4004 6017
- Titular: Damián F. Álvarez Villalaín
- Concepto: Homenaxe a Basilio Lourenço