Cada regreso precisa unha boa historia

Categoría: Nova

As vacacións rematan, mais setembro é tamén unha oportunidade para comezar de novo, para marcar un ritmo distinto e reservar tempos propios. Ler convértese nunha maneira de desconectar das présas, de coidar de nós mesmos e de seguir descubrindo historias que nos acompañen no camiño.

Desde Galaxia queremos propoñerche unha selección de títulos que nos lembran a forza da palabra e a importancia de escoller momentos de lectura no medio da vida cotiá:

AS BOCAS COSIDAS, de Marilar AleixandreDespois de gañar o Premio Nacional de Narrativa por As malas mulleres, a autora sorprende de novo con esta proposta que reconstrúe a memoria silenciada e dá voz ao pasado.

O LANZADOR DE COITELOSPremio Galaxia 75 Anos, de Fernando Castro Paredes. Thriller literario que fala da liberdade, da memoria e das identidades ocultas.

AMAR / AZAR, de Javier Fraiz. Un relato sobre como o azar e o amor deciden destinos. O azar é coma un deus e compórtase coma o diaño. A diferenza entre morrer e vivir, entre ter e perder, entre querer e volver, redúcese aos detalles. 

ODIO, Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025, de Gabriel Romero de Ávila. Ciencia ficción que combina acción, reflexión e crítica social. Con esta proposta dirixida ao público xuvenil convida a reflexionar sobre a tecnoloxía e a sociedade.

NAS HORAS DO SEU RELOXO. UNHA VIAXE DE ANTONIO PALACIOS, de Diego Giráldez con ilustracións de MeliMolita. Un retrato íntimo e evocador do arquitecto porriñés a través da ficción e a memoria. Descubriremos a este artista dende unha perspectiva máis emotiva e divulgativa.

SER HUMANOS, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2024, de Pilar Casal Valiño. Un convite a repensar a nosa relación coa tecnoloxía e a reivindicar a humanidade como valor irrenunciable. 

Este setembro, deixa que os libros che abran novos camiños. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email