Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo 2025

Do 1 ao 7 de xullo, Vigo convértese no epicentro da literatura galega coa celebración da súa Feira do Libro, un encontro imprescindible para lectoras e lectores de todas as idades. Desde Editorial Galaxia convidámoste a gozar dunha ampla programación de presentacións, sinaturas e encontros arredor das nosas últimas novidades editoriais, con propostas para todos […]
Convócase a edición XIX do Premio Narrativa Breve Repsol

Fundación Repsol lanza a XIX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia que busca impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega. O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e a directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia […]
Convócase a edición XIX do Premio Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto […]
Estrea en aberto do documental que aborda os 75 anos de Editorial Galaxia

Editorial Galaxia estrea, en conxunto con Nós Televisión, hoxe sábado 28 de xuño o documental ‘Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia’ na nosa canle de youtube, e tamén de Nós Televisión, xunto as plataformas de Nós Televisión en R (ás 21 h no dial 9) e Movistar Plus. A peza audiovisual, producida por Nós Televisión […]
Orgullosamente diversas. Lecturas para ampliar a mirada

O 28 de xuño é unha data para celebrar, mais tamén para lembrar que a loita polos dereitos da comunidade LGTBIQ+ continúa. En Galaxia acompañamos esta causa con libros que nos axudan a entender outras realidades e a vivilas desde a empatía, a liberdade e o respecto. Historias que nos levan máis alá do binarismo, […]
Marilar Aleixandre reconstrúe o silencio familiar na súa nova novela “As bocas cosidas”

En As bocas cosidas, Marilar Aleixandre mergúllase nos silencios da súa propia familia para dar forma a unha historia sepultada durante décadas. A obra nace a partir dun feito real: en xaneiro de 2010, o pai da autora contou que lle pediran unha mostra de saliva para identificar un curmán soterrado nunha foxa, nun cementerio […]
Foros Grial: “Impacto social da ciencia e da tecnoloxía”, na Coruña

O xoves 26 de xuño celebrarase, a partir das 16 h, no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), na Coruña, o programa “Foros Grial Galicia 2025. Pensar cara adiante”, especializado no “Impacto social da ciencia e da tecnoloxía”, coordinado por Marilar Aleixandre e Sonia Villapol. 16.20 h. Xan López Saborido. “Estratexias experimentais fronte á […]
Alfonso Cáccamo, na memoria

O Concello de Nigrán celebra esta semana un homenaxe ao escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. O escritor e profesor vigués(Vigo, 23 de outubro de 1952 – 4 de marzo de 2024) faleceu aos 71 anos de idade na cidade olívica. Foi mestre e iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. Autor polifacético […]