Editorial Galaxia presenta o novo Plan Lector para Secundaria 2025, unha ferramenta pensada para achegar ás aulas libros que dialogan cos intereses e preocupacións da mocidade.
A través dunha ampla selección de títulos, que inclúe narrativa, poesía, teatro, banda deseñada e novela gráfica, o plan propón lecturas que abordan temas como a amizade, o acoso escolar, a diversidade, a memoria, a cultura popular ou a forza das mulleres.
Un programa que non só anima a ler, senón que tamén convida a reflexionar, a debater e a descubrir a literatura como un espazo de encontro e liberdade.
Consulta o documento completo aquí:
Plan Lector Secundaria 2025/2026 (PDF)
Tamén está dispoñible o Catálogo do Plan Lector de Primaria 2025-2026, que podes ver nesta ligazón:
Plan Lector Primaria 2025/2026