María Quiroga gaña o Premio Illa Nova 2025 coa novela ‘Perder o norte’

En Vigo, a 11 de xullo de 2025, reuniuse o xurado do Premio Illa Nova de Narrativa nas instalacións de Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Compóñen o xurado Ana Arias Castro, Iria Collazo, Lara Dopazo, Ramón Nicolás e Adrián Pérez Bote. Exerce de secretaria do xurado, en representación da Editorial Galaxia, Malores Villanueva. Despois […]

Presentación de “Un mar de preguntas”, no Sea Fest, en Vigo

O sábado 12 de xullo, ás 11:00 h, na carpa ARVI do festival Vigo SeaFest, celebrarase a presentación do libro Un mar de preguntas, de Javier García Galdo. Acompañando o autor estará José Antonio Fernández Bouzas (Pepin), director do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e presidente do Colexio de Biólogos. Publicado por Editorial […]

Editorial Galaxia na Praza dos Libros de Carballo

Do 10 ao 13 de xullo, a Praza do Concello de Carballo énchese de literatura, encontros e creatividade coa celebración dunha nova edición da Praza dos Libros (PLIC!). Unha feira cultural que acredita o compromiso do Concello coa promoción da cultura galega e que contará cun completo programa de actividades, sinaturas e encontros. Dende Editorial […]

Xa podes ler a separata de “O lanzador de coitelos”, Premio Galaxia de Novela

Esta semana compartimos un adianto moi especial: a separata de O lanzador de coitelos, a novela coa que Fernando Castro Paredes obtivo o Premio Galaxia de Novela, un dos títulos máis esperados do ano.  Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que rematará sendo unha viaxe cara ao pasado […]

Chega ás librarías “Odio”, I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025

Chega “Odio”, gañadora do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025 ás librarías! As Terras de Poñente están a piques de estourar. Unha nova guerra entre humanos e droides semella inevitable. Con ecos de ciencia ficción clásica e unha marcada identidade galega, Gabriel Romero de Ávila lévanos a un futuro no que Neo […]

Editorial Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra 2025

Do 4 ao 6 de xullo, Pontevedra convértese no epicentro da lectura co regreso da Festa dos Libros, ateigando a Praza da Ferraría de historias, conversas, sinaturas e emocións arredor do mundo editorial galego. Desde Editorial Galaxia, sumámonos a esta celebración cunha ampla programación que pon en valor o talento das nosas autoras e autores. […]

Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Ferrol

O xoves 3 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na sala de exposicóns de Afundación de Ferrol, a inauguración da exposición Crear porvir. Editorial Galaxia (1950-2025). No acto participarán Verónica Rego López, Coordinadora Relacións Institucionais de Afundación; Xavier Alcalá, autor de Editorial Galaxia; José Antonio Ponte-Far, concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol; Severino Álvarez, director […]