Unha viaxe polas rarezas e misterios da literatura

Categoría: Nova

Editorial Galaxia vén de publicar Literatura insólita, un volume no que Armando Requeixo reúne unha ampla selección de artigos dedicados a explorar o lado máis curioso, sorprendente e misterioso da creación literaria.

Unha viaxe polas rarezas e misterios da literatura que percorre costumes e manías de escritores, profesións paralelas, precocidades e lonxevidades literarias, mortes novelescas, traizóns póstumas, títulos singulares, linguas insólitas, dedicatorias únicas ou volumes prohibidos.

Ao longo das súas páxinas tamén se abordan temas como illas e reinos fabulados, o xadrez, os cemiterios, os trens, o humor, a medicina, as invasións, os naufraxios, as matemáticas, o deporte, os templarios, os cabalos, os paraugas ou a intelixencia artificial.

Un libro que se converte nun convite para mergullarse no lado oculto e marabilloso da literatura.

Xa dispoñible en todas as librarías!

Comparte nas túas redes sociais ou por email