Un verán entre libros

En Editorial Galaxia xa baixamos a persiana por uns días para coller alento, respirar fondo e deixar que o verán nos inspire novas historias. Gustaríanos seguir estando convosco do mellor xeito que sabemos: a través dos libros. Nos días de calor ou nas noites longas, nun banco á sombra ou cun café na man, sempre […]

Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña 2025

A Editorial Galaxia participa un ano máis na Feira do Libro da Coruña cunha programación diversa que combina sinaturas, presentacións, conversas e obradoiros arredor das súas novidades máis destacadas. A cita celebrarase nos Xardíns de Méndez Núñez entre o 1 e o 10 de agosto, e contará coa presenza de autoras e autores de referencia […]

Inaugúrase a exposición “GALAXIA–AURIA. 75 ANOS DESPOIS (1950–2025)”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle esta mostra que salienta o papel clave de Ourense na orixe e traxectoria de Galaxia. Otero Pedrayo foi o primeiro presidente da editorial e Carlos Casares desempeñou un papel esencial como autor e director. Este martes, celebrouse, ás 11:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense a inauguración […]

Inauguración da exposición “GALAXIA-AURIA. 75 ANOS DESPOIS. 1950-2025”

O martes 29 de xullo, celebrarase, ás 11:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense, a inauguración de Galaxia-Auria. 75 anos despois. 1950 – 2025. Entrada libre ata completar capacidade. Do 29 de xullo ao 24 de agosto de 2025. Horario: De luns a domingo (festivos incluídos): De 11:00 h a 14:00 h Dentro das […]

25 de xullo. Día de Galicia e aniversario de Editorial Galaxia

75 anos creando porvir para a cultura galega O 25 de xullo de 1950, no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, nacía Editorial Galaxia. A asemblea fundacional reunía un grupo de homes e mulleres que compartían un soño común: recuperar, defender e proxectar cara ao futuro a nosa lingua e a nosa cultura nun tempo […]

Escoitar para soñar: Galaxia recomenda audiolibros para gozar en familia este verán

O verán é tempo de viaxes, de descanso, de descubrimentos. Tempo de parar e tamén de imaxinar. Por iso, en Editorial Galaxia damos queremos convidarvos a adentrarvos no mundo dos audiolibros, cunha proposta completa para acompañar as vacacións dos máis pequenos: historias inesquecibles que agora tamén se poden escoitar. Coa dirección de Teresa Santamaría e […]