Novidades na Biblioteca 75 aniversario de Galaxia

Con motivo dos seus 75 anos de historia, Editorial Galaxia lanzou a Biblioteca 75 aniversario, unha colección que recupera obras fundamentais da nosa literatura e cultura. Son títulos que, en tempos de censura e escuridade, supuxeron unha renovación do panorama galego e que hoxe se ofrecen de novo ao lectorado coa vontade de seguir iluminando […]

BASES II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

O Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convocan este certame coa nalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores. As bases polas que […]

Convócase o II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

Hoxe celebrouse, na Casa Museo Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, en rolda de prensa a convocatoria do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela Participaron Armando Requeixo, coordinador Casa Museo Álvaro Cunqueiro; Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; Manuel Otero, alcalde do Concello de Mondoñedo; e Alberto García, concelleiro de cultura. Podedes acceder ás bases […]

O legado de Castelao

No marco do Ano Castelao 2025, en Editorial Galaxia reafirmamos o noso compromiso coa difusión e estudo da obra dun dos grandes referentes da nosa historia cultural e política. Castelao continúa a ser unha voz necesaria, un alicerce de pensamento para o presente e o futuro. Con este espírito presentamos Sempre en Galiza. Escolma posible, […]

Convócase a oitava edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Esta mañá presentouse, en formato rolda de prensa, na Pobra do Caramiñal, a oitava edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. No acto, participaron Patricia Lojo, concelleira de Cultura, María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. ESTE PREMIO CONCEDERASE DE ACORDO COAS SEGUINTES BASES: […]

Unha ollada ás raíces do conflito entre Israel e Palestina

O historiador Ilan Pappé ofrece na Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, traducida por Carlos Aymerich, unha análise clara e rigorosa das raíces coloniais dun dos conflitos máis longos e dolorosos do noso tempo. O autor desmonta os mitos que rodean a súa suposta complexidade e revela como o sionismo, co apoio de potencias occidentais, […]

Homenaxe a Basilio Lourenço en Vigo

A Tertulia Café Voltaire convoca unha xornada de recoñecemento a Basilio Lourenço, que terá lugar o venres 26 de setembro de 2025, ás 13.30 horas, no restaurante Juliana (Terraza do Mercado do Progreso. Ronda de Don Bosco, 41, Vigo). O encontro quere ser un acto de gratitude e lembranza á traxectoria vital e intelectual dun […]

Cada regreso precisa unha boa historia

As vacacións rematan, mais setembro é tamén unha oportunidade para comezar de novo, para marcar un ritmo distinto e reservar tempos propios. Ler convértese nunha maneira de desconectar das présas, de coidar de nós mesmos e de seguir descubrindo historias que nos acompañen no camiño. Desde Galaxia queremos propoñerche unha selección de títulos que nos […]