Rolda de prensa de presentación arredor de “Odio”, en Santiago de Compostela

O luns 22 de setembro celebrarase, ás 11 h, no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de Odio, Premio Neira Vilas de LIX, de Gabriel Romero de Ávila. Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Fernando […]

Xa dispoñible en EPUB: “O lanzador de coitelos”, Premio Galaxia de Novela

Xa podes ler O lanzador de coitelos, a novela coa que Fernando Castro Paredes obtivo o Premio Galaxia de Novela, en formato ebook. Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que se converterá nunha viaxe cara ao pasado e cara ao fondo da identidade. A novela combina os códigos […]

O alumnado do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita Editorial Galaxia

Hoxe tivemos a honra de recibir nas instalacións de Editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo de Bos Aires. Mozos e mozas chegados dende a outra beira do Atlántico achegáronse á nosa sede para fortalecer os lazos cos valores herdados dos seus devanceiros, que seguen […]

O inesperado como protagonista

Do amor á perda: a nova novela de Javier Fraiz. O que por lóxica debería suceder talvez non aconteza. O que semella improbable pode pasar. O azar é coma un deus e compórtase coma o diaño. Así se presenta Amar / Azar, a nova novela de Javier Fraiz, unha historia que transita polos camiños do […]

Xa dispoñible o Plan Lector para Secundaria de Galaxia

Editorial Galaxia presenta o novo Plan Lector para Secundaria 2025, unha ferramenta pensada para achegar ás aulas libros que dialogan cos intereses e preocupacións da mocidade. A través dunha ampla selección de títulos, que inclúe narrativa, poesía, teatro, banda deseñada e novela gráfica, o plan propón lecturas que abordan temas como a amizade, o acoso […]

Novidades na Biblioteca 75 aniversario de Galaxia

Con motivo dos seus 75 anos de historia, Editorial Galaxia lanzou a Biblioteca 75 aniversario, unha colección que recupera obras fundamentais da nosa literatura e cultura. Son títulos que, en tempos de censura e escuridade, supuxeron unha renovación do panorama galego e que hoxe se ofrecen de novo ao lectorado coa vontade de seguir iluminando […]