O Premio Trevo de Narrativa distingue “Contrabiografía”, unha viaxe pola memoria e a identidade

Categoría: Uncategorized, Nova

“Contrabiografía”, de Xabier López, gaña o I Premio Trevo de Narrativa.

A obra Contrabiografía, publicada por Editorial Galaxia, vén de ser recoñecida co Premio Trevo de Narrativa, un recoñecemento que nace en lembranza de María Duro Mansilla e que ten como obxectivo recoñecer a excelencia literaria da narrativa en lingua galega.

O xurado destacou en Contrabiografía a súa ambición literaria e a riqueza dunha prosa híbrida e fértil, que transita entre a memoria, a ficción e a reflexión sobre a identidade.

Nesta obra, Xabier López propón unha “autobiografía inversa”, unha viaxe río arriba ás orixes familiares e á memoria colectiva, inspirada no Everybody’s Autobiography de Gertrude Stein. A través dunha narración chea de matices e de ecos da traxedia clásica, o autor reconstrúe pontes, rías e viaxes de ida e volta entre Galicia e América, entre o presente e o pasado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email