Dúas obras de Editorial Galaxia, finalistas nos Premios Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia está de noraboa: “Cando o mundo é azul”, VII Premio Carlos Mosteiro, de Óscar Reboiras, e “Washington Square”, de Henry James, traducida ao galego por Clara Bouzada, veñen de ser elixidas finalistas da XXII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento.

A primeira opta ao galardón na 3ª categoría (5º e 6º de primaria) e a segunda na 6ª categoría (bach e adultos) destes premios que distinguen as mellores obras literarias en galego, votadas polo alumnado de centros educativos de toda Galicia.

Os nomes das obras gañadoras coñeceranse no mes de abril, e os galardóns entregaranse en maio nunha gala que terá lugar no Pazo de San Roque.

Comparte nas túas redes sociais ou por email