Esta mañá celebramos, na Sala de Xuntas do Concello da Estrada, unha rolda de prensa arredor da entrega do Premio Alberte Quiñoi 2025 de Álbum Ilustrado, Un porquiño polo San Martiño, de Macarena García Vicente e Iria Bermúdez Rozas.
Acompañando as autoras, estiveron Lucía Seoane, Concelleira de Cultura do Concello da Estrada; e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.

O libro combina un texto honesto e sensible cunhas ilustracións expresivas e coidadas, que se integran á perfección para ofrecer unha experiencia lectora chea de tenrura, humor e tamén reflexión. A historia de Curro pon en valor o respecto polos animais e sorprende cun xiro final que rompe con todas as expectativas.
Un álbum chamado a emocionar tanto polo seu contido como pola beleza visual que o acompaña.
Dispoñible en todas as librarías!