Celebración do acto de presentación de “Unha Galaxia viguesa”, na cidade olívica

Categoría: Nova

Esta mañá celebrouse no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o acto de presentación do libro Unha Galaxia viguesa, escrito por Marcos Calveiro e ilustrado por Mara Méndez.

O encontro, que encheu o auditorio de rapazada e entusiasmo, converteuse nunha viaxe compartida pola imaxinación, a memoria editorial e a cidade. O autor e a ilustradora convidaron o público a mirar Vigo con novos ollos, a descubrir nas súas rúas un universo propio e a entender como as historias e as imaxes poden dialogar para dar forma a un mesmo territorio emocional. Presentou o acto, María Pereira, directora de Merlín Comunicación.

O alumnado participante acompañou a presentación con preguntas e emocións, facendo do acto un verdadeiro diálogo interxeracional arredor dos libros e da cidade que os inspira.

Pechou o acto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen puxo en valor o traballo da editorial e subliñou a importancia de ler, destacando a literatura como espello da cidade.

A presentación de Unha Galaxia viguesa foi unha celebración da lectura e do espírito vigués que latexa nas páxinas deste libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email