Rolda de prensa arredor de “Correspondencia (1965-2014)”, en Santiago de Compostela

Categoría: Nova

O mércores 22 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, unha rolda de prensa arredor de Correspondencia (1965-2014), de Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas.

No acto, acompañando o autor, Xesús Alonso Montero, intervirán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, director da Fundación Neira Vilas, e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.

A través destas cartas, entre Xesús Alonso Montero, tamén autor do limiar, e Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, cheas de erudición lingüística, con especial interese das redactadas por Neira Vilas desde A Habana, complementarias de conversas persoais entre os dous autores, ofrécese mostra da intensa relación que houbo entre eles, de par que se amosa moito do pensamento de Neira sobre o  marxismo e a revolución cubana, así como a súa achega á galeguidade na illa caribeña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email