Bases IV Premio de Novela da Galicia Rural

Categoría: Premio, Premios

IV Premio de Novela da Galicia Rural

Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive nunha perda das súas tradicións, identidade e cultura. Así mesmo, considérase preciso potenciar a defensa da lingua galega e a promoción das actividades culturais no ámbito local. Neste sentido, co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «IV Premio de Novela da Galicia Rural». Trátase dunha convocatoria dirixida tanto a autoras e autores xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas, queiran contribuír a poñer en contacto as lectoras e lectores co presente, o pasado e, especialmente, co futuro do mundo rural galego.

BASES

1. Poderán optar ao «IV Premio de Novela da Galicia Rural» aquelas autoras e autores que presenten novelas orixinais e inéditas, non publicadas ou divulgadas, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, escritas en lingua galega segundo a normativa RAG/ILG, que sitúen a súa trama na Galicia rural ou que concedan a esta un protagonismo relevante na narración. A interpretación deste criterio é decisión única e libre do xurado.

Ademais, na súa creación non se pode empregar ningunha clase de IA xenerativa.

2. As obras deberán ter unha extensión mínima de 150.000 caracteres espazos incluídos e unha máxima de 300.000 caracteres espazos incluídos. As autoras e autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.

3. Cada proposta deberá ser presentada exclusivamente en formato dixital PDF nunha memoria USB cun título e/ou lema.

No envío incluirase un sobre pechado que deberá conter no exterior o lema elixido e no seu interior os datos de autoría correspondente: Nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e unha declaración xurada na que se indique que se presenta unha obra totalmente orixinal e inédita e que na mesma non se empregou IA xenerativa.

4. Os orixinais serán enviados ao Concello de San Xoán de Río, Praza Gabino Rodríguez Álvarez, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense, indicando no exterior do sobre «IV Premio de Novela da Galicia Rural». E serán enviados antes do 15 de xaneiro do 2026 e o ditame do xurado farase público no mes de marzo do 2026.

5. Establécese un único premio dotado con 3.000€. ta cantidade e tara eita a retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.

A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1. 00 e emp are do te to anador a como a edición dixital do mesmo durante cinco anos. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva Editorial Galaxia segundo o contrato de edición asinado para o efecto.

6. Formarán parte do xurado cinco persoas pertencentes ao ámbito da crítica, a escrita, o ensino e o estudo da lingua galega, máis un secretario ou secretaria, con voz pero sen voto, en representación do Concello de San Xoán de Río. O premio será outorgado á obra que reciba o maior número de votos. Comunicarase a composición do xurado tras o peche da recepción de orixinais.

7. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado o estime oportuno por non reunir as obras a calidade necesaria ou non cumprir cos obxectivos da convocatoria. Esta decisión, así como a concesión, serán inapelables.

8. Os orixinais non premiados serán destruídos e non se devolverán.

9. A participación nesta convocatoria require a plena aceptación das normas contidas nas presentes bases.

Comparte nas túas redes sociais ou por email