Bases IX Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2026

Como un medio de promoción para as novas autoras e autores en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ó escritor Xosé Carlos Mosteiro Fraga, o Concello da Pobra do Caramiñal, coa colaboración da asociación cultural Barbantia e da editorial Galaxia, convoca a IX edición do PREMIO DE LITERATURA INFANTIL CARLOS MOSTEIRO, de acordo […]

BASES XXVI PREMIO RAMON PIÑEIRO DE ENSAIO 2026

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXVI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o […]

Convócase o IV Premio de Novela Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o IV Premio de Novela Camiño de Santiago, co obxectivo de promover e divulgar, a través da narrativa, a riqueza e a pluralidade de significados do fenómeno xacobeo. […]

Convócase o Premio de Poesía Victoriano Taibo 2026

XVII Premio de Poesía Victoriano Taibo 2026 O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), co patrocinio do Concello de Gondomar e a colaboración da Editorial Galaxia na edición da obra premiada, convoca o XVII Premio de Poesía Victoriano Taibo. O galardón está dotado con 3.000 euros. Ademais, a persoa gañadora poderá percibir ata 1.000 euros adicionais […]

Convócase a edición XX do Premio Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto […]

Convócase a X edición Premio de Narrativa Illa Nova 2026

Editorial Galaxia, coa colaboración de El Corte Inglés no seu apoio á cultura galega, convoca a décima edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2026, para autores e autoras menores de 35 anos. En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial […]

Convócase o 7º Premio “O GARAXE HERMÉTICO” de Banda Deseñada

Dada a nova realidade creativa que dende o ano 2012 está a agromar en Galicia nas aulas da Escola Profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, e dado o compromiso de Editorial Galaxia para fortalecer as canles de publicación de obras de cómic en lingua galega, ambas as empresas uníronse para convocar o: VII PREMIO […]

Convócase o VI Premio de Poesía Bouza Brey 2026

A convocatoria do Premio de Poesía Bouza Brey do Concello de Vilagarcía de Arousa nace da vontade da Concellería de Cultura de recuperar o premio en homenaxe á figura de Fermín Bouza Brey Trillo (1901-1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, destacado intelectual, xurista e escritor. Non se nos ocorre mellor xeito de […]