Presentación de “O lanzador de coitelos”, no Club Faro de Vigo

Categoría: Nova

O mércores 1 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, unha conversa arredor de “O lanzador de coitelos”, Premio Galaxia de Novela, de Fernando Castro Paredes.

Acompañando o autor, estarán Carolina Sertal, xornalista e escritora, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que se converterá nunha viaxe cara ao pasado e cara ao fondo da identidade.

A novela combina os códigos do thriller clásico cunha estrutura sofisticada e sedutora, explorando a liberdade, a memoria, o fracaso, a corrupción e a liña borrosa entre vítimas e verdugos.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email