Inauguración da exposición “GALAXIA-AURIA. 75 ANOS DESPOIS. 1950-2025”

Categoría: Nova

O martes 29 de xullo, celebrarase, ás 11:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense, a inauguración de Galaxia-Auria. 75 anos despois. 1950 – 2025.

Entrada libre ata completar capacidade.

Do 29 de xullo ao 24 de agosto de 2025.

Horario: De luns a domingo (festivos incluídos):

De 11:00 h a 14:00 h

Dentro das actividades conmemorativas do 75 aniversario de Galaxia, enmárcase esta exposición, que desexa pór en valor a vinculación especial que a editorial tivo durante estes anos cos autores e autoras da provincia de Ourense, que supuxeron, en moitos casos, unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, da súa sociedade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email