Editorial Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra 2025

Categoría: Nova

Do 4 ao 6 de xullo, Pontevedra convértese no epicentro da lectura co regreso da Festa dos Libros, ateigando a Praza da Ferraría de historias, conversas, sinaturas e emocións arredor do mundo editorial galego.

Desde Editorial Galaxia, sumámonos a esta celebración cunha ampla programación que pon en valor o talento das nosas autoras e autores. A continuación podedes consultar todas as actividades nas que estaremos presentes:

Actividades no escenario
Venres 4 de xullo, ás 13:30 h
Recital con Samuel L. París arredor das súas obras O tenro é o salvaxe (Editorial Galaxia) e Pifostio (Xerais).

Sábado 5 de xullo , ás 18:15 h
Conversa “Íntimos” con Cristina Pato (Fóra de foco), Cynthia Menéndez (Son coma glaciares os barcos de aceiro) e Francisco Castro (Eva tomando o sol).

Sábado 5 de xullo, ás 19:15 h
Conversa “Noir” con Arantza Portabales (Asasinato na casa rosa, Galaxia), Ulises Bértolo (Éxitus, HarperCollins) e Pedro Feijoo (Onde nacen as bestas, Xerais).
Presenta Mercedes Corbillón, escritora e libreira.

Domingo 6 de xullo, ás 19:15 h
Encontro con Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, arredor da súa traxectoria literaria.
Conduce a conversa Oriana Méndez, poeta.

Sinaturas
Venres 5 de xullo, ás 11:30 h
Fernando Tomé asina Vilapaspán, na caseta da libraría Mononoke Manga.

Sábado 5 de xullo, ás 18:00 h
Lili Algo asina Pirata pregunta por ti, na caseta da libraría Seijas.

Sábado 5 de xullo, ás 19:15 h
Cristina Pato (Fóra de foco) e Cynthia Menéndez (Son coma glaciares os barcos de aceiro), na caseta da libraría Paz.

Sábado 5 de xullo, ás 19:30 h
Irene Alonso Gasalla asina Croco, na caseta da libraría El Pueblo

Sábado 5 de xullo, ás 20:00 h
Alba Santa asina A avoa canta como a cotovía, na caseta da libraría Seijas.

Domingo 6 de xullo, ás 11:00 h
Fernando Tomé asina Vilapaspán, na caseta da libraría Aviones de papel

Domingo 6 de xullo, ás 13:00 h
Óscar Reboiras e Carolina Nickelle Lois asinan Cando o mundo era azul, na caseta da libraría El Naranjo.

Domingo 6 de xullo, ás 20:00 h
Mariña Rey Noya asina Croco, na caseta da libraría Seijas.

A Festa dos Libros é unha oportunidade única para achegarse ás autoras e autores galegos, descubrir novas lecturas e vivir a literatura desde a emoción compartida.

Agardámoste na Praza da Ferraría!

Comparte nas túas redes sociais ou por email