Editorial Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra 2025

Do 4 ao 6 de xullo, Pontevedra convértese no epicentro da lectura co regreso da Festa dos Libros, ateigando a Praza da Ferraría de historias, conversas, sinaturas e emocións arredor do mundo editorial galego. Desde Editorial Galaxia, sumámonos a esta celebración cunha ampla programación que pon en valor o talento das nosas autoras e autores. […]