Editorial Galaxia na Praza dos Libros de Carballo

Categoría: Nova

Do 10 ao 13 de xullo, a Praza do Concello de Carballo énchese de literatura, encontros e creatividade coa celebración dunha nova edición da Praza dos Libros (PLIC!). Unha feira cultural que acredita o compromiso do Concello coa promoción da cultura galega e que contará cun completo programa de actividades, sinaturas e encontros.

Dende Editorial Galaxia sumámonos un ano máis a esta celebración coa seguinte programación:

Xoves 10 de xullo

19.00 h. Sinatura con Marilar Aleixandre arredor da súa obra As bocas cosidas na caseta das Bibliotecas.

20.00 h. Presentación de Bibiano. Cambiar para ser un mesmo, de Carlos Rego, acompañado por Xabier Graña.

Venres 11 de xullo

21.00 h. Encontro arredor da novela Asasinato na casa rosa, con Arantza Portabales, acompañada por Marta Villar.

Sábado 12 de xullo

20.00 h. Presentación de As tolas que non o eran, de Carmen V. Valiña, acompañada por Juan Carlos Díaz del Valle.

A PLIC! manterá as súas casetas abertas de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 22.00 h, cun total de oito librarías participantes e un 10 % de desconto en cada compra. Haberá tamén rascas con premios e agasallos especiais como conservas Calvo ou pan de Carballo en combinación coa feira tradicional.

Agardámosvos en Carballo para celebrar os libros, a palabra e a cultura!

Comparte nas túas redes sociais ou por email