Xa podes ler a separata de “O lanzador de coitelos”, Premio Galaxia de Novela

Categoría: Nova

Esta semana compartimos un adianto moi especial: a separata de O lanzador de coitelos, a novela coa que Fernando Castro Paredes obtivo o Premio Galaxia de Novela, un dos títulos máis esperados do ano. 

Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que rematará sendo unha viaxe cara ao pasado e cara ao fondo da identidade.

A novela parte dos códigos do thriller clásico para transcender o xénero cunha estrutura sofisticada e sedutora. Unha historia sobre a liberdade, a memoria, o fracaso, a corrupción e esa liña borrosa entre vítimas e verdugos.

O lanzador de coitelos será presentado oficialmente o 17 de xullo.

Podes ler xa a separata premendo aquí!

Comparte nas túas redes sociais ou por email