Galaxia estrea os seus primeiros audiolibros infantís

Editorial Galaxia dá un paso máis na súa aposta pola literatura galega abríndose ao mundo dos audiolibros infantís. Con esta nova colección, as crianzas poderán gozar de historias inesquecibles escoitando voces que farán voar a súa imaxinación. As primeiras obras escollidas para inaugurar esta iniciativa son Daniel no peirao, de Paula Carballeira, ilustrado por Eli […]

No pasamento de Xoán Bernárdez Vilar

Con fonda tristura recibimos a nova do pasamento de Xoán Bernárdez Vilar, autor e investigador, que deixa tras de si unha obra marcada pola paixón pola historia, a cultura e os relatos que constrúen a identidade dun pobo. Nado en Marín en 1936, desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade intelectual, tanto no […]

Entrega do Premio San Clemente a Antón Riveiro Coello, en Santiago de Compostela

O escritor Antón Riveiro Coello recollerá mañá, martes 25 de marzo, o Premio Literario San Clemente, na categoría de novela en galego, pola súa obra Hotel Carioca. O acto de entrega celebrarase no IES Rosalía de Castro de Santiago, ás 18 h. O galardón, decidido por un xurado único formado por alumnado de Bacharelato, recoñeceu […]

Cando a palabra é refuxio: unha homenaxe á poesía que nos transforma

Sumámonos á celebración do Día Mundial da Poesía, unha xornada que pon no centro o poder da palabra e da lingua como vehículos de beleza, identidade e creación. A poesía é luz que alumea por dentro. É voz para quen cala. É memoria, corpo e esperanza. A poesía non é só escrita: é resistencia, é […]

‘O tenro é o salvaxe’, a poesía que desafía normas e formatos

O 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, pon en valor a forza da palabra. Enlanzando esta efeméride coas nosas novidades, presentamos a nova incorporación á colección Dombate: O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París. Que queda e que se perde nas nosas vidas? Como se configuran as fronteiras entre o persoal e […]

Editorial Galaxia reivindica o legado das poetas do Salnés

Na mañá deste martes, 18 de marzo, celebrouse no café O Gato Negro de Carril unha rolda de prensa para presentar o volume As poetas da colección Salnés, con introdución e escolma de Patricia Arias Chachero. O acto contou coa presenza da propia autora, ademais de Sonia Outón, concelleira de Cultura do Concello de Vilagarcía […]

Dona de seu, vida e legado de Avelina Valladares

Chega a Galaxia Os seráns de Vilancosta. Unha homenaxe a Avelina Valladares, de Santiago Cortegoso, con ilustracións de Rosa de Cabanas. A editorial Galaxia recibe con entusiasmo a chegada dunha nova obra que mestura a forza do teatro e a beleza da ilustración en Os seráns de Vilancosta, de Santiago Cortegoso, con ilustracións de Rosa […]