Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección escollendo 10 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas.
Na categoría de Ensaio e investigación, resultarou escollida a obra Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, de María do Cebreiro Rábade Villar, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, un ensaio que explora os novos dispositivos parentais e as súas implicacións colectivas.
En Divulgación, Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, de Marisa Vidal Collazo, ilustrado por Sole Pite Sanjurjo, Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915, de Vítor Vaqueiro, e Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira.
Na categoría Narrativa, foi seleccionada a obra de relatos Días de intemperie, de Antón Riveiro Coello.
Curros & Holmes no misterio d’o Kapital, de Marcos Calveiro, foi distinguida na sección Xuvenil, e Diario do ano da peste, de Daniel Defoe, en Tradución, traducida da man de Xesús Fraga.
No apartado teatral, o xurado destacou as obras de Paula Carballeira, As alumnas, Carlos Labraña, Estrela… fugaz?, ilustrado por Fon Barreiro, e Planeta Bugallo, de Raquel Castro, ilustrado por Blanca Millán.
Os premios resolveranse na gala de entrega que terá lugar no vindeiro mes de abril. En total, oitenta títulos forman parte desta primeira selección, coma un espello do bo momento creativo do sector do libro galego.
Unha vez finalizada esta primeira fase de selección, a mediados do mes de marzo daranse a coñecer os tres finalistas en cada unha das categorías. O 22 de abril, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, terá lugar a gala na que se darán a coñecer os gañadores desta edición.
Os Premios Follas Novas do Libro Galego, coñecido nas cinco primeiras edicións (2016-2021, ambas incluídas) como Premios da Gala do Libro Galego, son uns galardón que se entregan como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distiguir as mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido). Os convocadores son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.