(Londres 1660-1731) clérigo fracasado, viaxeiro incansable, poeta, espía, revolucionario, panfletista e comerciante de panos e tixolos. A súa vida ben podería dar para unha novela de aventuras como as que escribía, mais pasou á historia da literatura universal polo seu clásico Robinson Crusoe, unha novela de éxito inmediato xa no seu tempo. Da súa produción literaria destacan Moll Flanders (1722), considerada a primeira novela social da literatura inglesa, Historial xeral dos piratas (1724), obra de referencia sobre a piratería, e Memorias dun cabaleiro (1720), novela histórica sobre a Guerra dos Trinta Anos.