Estás aquí:

Código: 18517

Diario do ano da peste

20,90  IVE INCLUIDO
É Daniel Defoe un dos maiores inventores da lingua inglesas, dicía o tamén escritor Anthony Burgess, e así o demostra neste estarrecedor relato novelado do andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, sendo un neno de cinco anos, sobreviviu. Percorren as conmovedoras páxinas deste libro exemplos de humanidade e solidariedade daqueles que se sacrifican polos demais, como tamén daqueloutros miserables que se aproveitan da desgraza allea en tan terribles circunstancias. Heroes, negacionistas, viláns, rexoubeiros e acaparadores pululan nunha dramática narración que hoxe, tras a pandemia que vivimos, está máis de actualidade que nunca, e que volve demostrar que a condición humana pouco mudou co paso dos séculos. Traducido por Xesús Fraga

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 306
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/10/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 463
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-937-9
Observacións:

AUTORES/AS

Defoe, Daniel
Daniel-Defoe

(Londres 1660-1731) clérigo fracasado, viaxeiro incansable, poeta, espía, revolucionario, panfletista e comerciante de panos e tixolos. A súa vida ben podería dar para unha novela de aventuras como as que escribía, mais pasou á historia da literatura universal polo seu clásico Robinson Crusoe, unha novela de éxito inmediato xa no seu tempo. Da súa produción literaria destacan Moll Flanders (1722), considerada a primeira novela social da literatura inglesa, Historial xeral dos piratas (1724), obra de referencia sobre a piratería, e Memorias dun cabaleiro (1720), novela histórica sobre a Guerra dos Trinta Anos.

As súas obras

Diario do ano da peste
9788491519379
20.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE