Calveiro, Marcos

Marcos-Calveiro-©-Foto-de-Anxo-Cabada.jpg
Calveiro, Marcos

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos S. Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora traballa como director de edicións na Editorial Galaxia. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega.

En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses. no ano 2022 publica a novela Curros & Holmes No Misterio D’O Kapital, na que, recén chegado a Londres, Curros, ca axuda de Holmes, debe resolver quen roubou a segunda metade do manuscrito do Kapital de Marx.

As súas obras

Curros & Holmes no misterio d'o kapital
9788491518020-1
13.50€ CON IVE
O xardineiro dos ingleses
o-xardineiro-dos-ingleses
23.95€ CON IVE
Fontán (IX Premio Repsol 2015)
9788498656466
21.50€ CON IVE